menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Cuba no corazón

22 0
24.05.2026

O acoirazado Maine, da armada dos Estados Unidos, estoupou e afundiu na baía da Habana o 15 de febreiro de 1898. Morreron 250 tripulantes. Foi o suceso que promoveu a entrada na guerra contra España da potencia norteamericana, que dende había tempo agardaba ocasión da intervir. Dende a prensa sensacionalista (Randolf Hearst) manipulouse a opinión pública a prol de crear o estado de opinión necesario para a actuación militar. Willian McKinley era entón o presidente USA. Neses anos xa estaba activa a chamada Doutrina Monroe (1823), idea do quinto presidente dos Estados Unidos, James Monroe (1817-1825), que inicialmente intentaba impedir a presenza europea no continente mais que axiña derivou cara a unha política de intervención e dominio norteamericano........

© La Voz de Galicia