Da miopía á presbicia
Contaba Goscinny que un día ao saír da súa casa tropezou cun señor que ía moi cargado. A causa do tropezón, un fatado de feixóns arrolaron polo chan. O xenial creador de Asterix, Lucky Luke ou Iznogud, a quen esta semana lembramos polo centenario do seu nacemento, sorprendeuse cando ao axudarlle a recollelas o home lle explicou que formaba parte do grupo de persoas previsoras que mercan legumes, pasta, aceite ou fariña cada vez que a situación política se volvía preocupante. De feito, o seu tendeiro, que seguía a política de preto, advertíalle cando albiscaba algún risco, fose a independencia de Alxeria, o maio do 68, ou a dimisión do Xeneral (De Gaulle, obviamente).
Calquera que se dea un paseo polo rural galego pode comprobar que ao carón de casas e prados é habitual atopar corgos, lagas ou pozas, moitas delas xa de formigón para evitar........
