Unto vello
«Unto vello fai mellor o caldo» é unha desas frases que lle escoito sempre á miña nai. A meirande parte das veces é a súa resposta a algunha broma que lle fago sobre o feito de que é unha octoxenaria; outras veces solta a frase porque si, porque nese momento pasóuselle algo pola cabeza que lle fixo lembrala. Esta semana, nunha desas conversas nosas por videoconferencia, pregunteille que quere dicir cando di esa frase, e........
