O futuro das bibliotecas persoais
Andamos toda a vida a comprar, recibir e acumular libros, que ocupan moito espazo, o que nos obriga a facer de cando en vez unha sega para eliminar exemplares que xa non interesan ou que están destruídos pola omnipresente humidade galega. Pero seguimos gozando con esa biblioteca persoal, que se converteu en parte imprescindible da nosa vida, despois de moitos anos medrando e alimentando o interese pola lectura. E gústanos, ademais, ver os milleiros de tomos ordenados nos estantes, en distintas dependencias da casa, aínda que temos un recuncho preferido, no que nos deleitamos lendo, poñendo marcas e notas, ou folleando.
Hai vellos exemplares infantís e xuvenís, e libros de texto da escola ou do bacharelato que seguen a ser moi útiles para refrescar a base formativa.........
