Falemos de cousas serias
Alberto Núñez Feijóo érguese moi cedo, como calquera líder que se prece, mira ao espello máxico e ve a insoportable situación do país que non quixo gobernar. O grande espello do cuarto de baño impélelle a devolver a decencia ao Estado limpando as administracións públicas coa toalla que usa para secar o rostro ao saír da ducha. Ao pasar o peite polo cabelo cinza, produto do seu radical cambio de imaxe, comprende que sen o arranxo do perruqueiro a situación de España sería insostible. Nese momento deixa as anacrónicas lentes que lucía en Galicia e pasa a colocarse as de contacto usando a súa estirada capacidade de torpeza habitual. Xa coa vista diáfana, de novo enfróntase ao reflexo do mercurio e o espello máxico advírtelle de que chegou a hora de falar de cousas serias, como, por exemplo, promover unha moción de censura verdadeira contra Sánchez, sen o subterfuxio de........
