Dos homes convertidos en cans
Na peza teatral dun só acto “Historia do home que se converteu en can”, do arxentino Osvaldo Dragún, o personaxe central é un individuo angustiado pola falta de traballo e a necesidade de supervivencia no medio dunha sociedade en crise. Por compaixón un empresario ofrécelle o posto de can do sereno, animal falecido o día anterior. Ao protagonista cústalle pero acepta e remata por converterse en can. Vive na casiña do can e ao perder o piso familiar por falta de pago copula coa súa compañeira no parque. A muller, ao quedar embarazada, teme dar a luz un can bebé. Esta peza é unha perfecta metáfora da deshumanización á que o capitalismo tradicional somete ao individuo moderno. Publicada a mediados dos cincuenta do pasado século, en Galicia vímola nos anos setenta representada por Esperpento Teatro Joven, grupo dirixido por Xulio Lago e Dorotea Bárcena. Por entón, cando pelexabamos contra a ditadura franquista, a proposta........
