menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A relixión, o sexo e o capital

9 0
03.04.2026

As tres grandes relixións monoteístas, tamén chamadas “do libro”, son misóxinas por natureza, aínda que a cristiá, na súa versión católica -a que nos incumbe a nós-, mostra no seu seo permanentes contradicións impropias para a actualidade. Mentres eleva a presenza de María, nai de Cristo, ás máis altas esferas de adoración, segue sen permitir que as mulleres ostenten ningún tipo de poder no seo da organización. Mentres incitan a procrear almas para alimentar a fe, impiden que os consagrados poidan contraer matrimonio. Mentres prohibían a sexualidade dos seus membros, toleraron e ocultaron as prácticas de quen compartiu cama e pracer con amadas, amantes e barregás. E como sabemos por tradición e os escándalos modernos, á vez que impoñen a aberrante mutilación individual de pensamento e obra sexual, reduciron a pecados veniais as depravacións de acosos e abusos contra........

© La Región