A camiseta
Ás veces, ao pasar xunto aos grandes almacéns do barrio de Argüelles en Madrid, vénme ao recordo “La camisa”, unha das obras teatrais máis famosa de Lauro Olmo. O ourensán, alén de pola súa calidade literaria, ao principio dos anos setenta fíxose famoso en toda España pola súa resistencia ao inxusto desafiuzamento do seu edificio naquel barrio. Atrincheirado en soidade colgou unha camiseta no balcón como pancarta de protesta. A foto deu a volta ao mundo e á resistencia antifranquista quedounos no maxín para sempre. O xesto de Lauro podemos consideralo o precedente histórico do triunfo das camisetas publicitarias dos nosos días. Hoxe non existe movemento de éxito, político, cultural, social, deportivo ou artístico que non conte cunha camiseta específica. A camiseta é símbolo de presenza vital e esta semana Pedro Sánchez elevouna á categoría de “comunicado........
