Un agosto para lembrar
O agosto de 1936 foi tráxico. Na memoria de moitas familias que viviron a desatada represión exercida pola sublevación militar de 1936 provocara desolación e medo. Para lembrar aqueles dramáticos días organicei un acto na Casa da Cultura do Concello de Redondela. Participaron na mesa redonda catro persoas,víctimas da represión, que sufriran aquela barbarie: Isaac Díaz Pardo. Isabel Ríos, Xosé Mosquera e Enrique Líste. Antes, pola mañá, visitamos as illas de San Simón e San Antón, onde Mosquera e Manolo Barros,concelleiro, estiveran recluídos en presidio.
Relataballe ao meu amigo ao pé da estatuta de Castelao as vicisitudes polas que tiven que pasar en tempo de explendor cultural. Redondela era un facho que alumaba con gran lucerío en Galicia polas súas iniciativas innovadoras, que tantas envexas provocara fóra e dentro da cámara municipal, tanto polos que crían seren donos do discurso galeguista, como aqueloutros alonxados del.
O grandioso monumento erixido a Castelao, obra do escultor........
© La Región
