Respirando coa arte
Así na sala de arte do campus de Ourense, U. Vigo, e na galería-taller DodoDadá. Naquela o artista portugués Alexandre A. R. Costa con A céu aberto, uma exposição em devir. E na segunda Alba Fernández, arquitecta de formación, con Un mundo por pensar. Dedicada ao deseño e á ilustración dende posicións artísticas, idea unha proposta de novas realidades dende a súa necesidade vital e persoal para a mostra que exhibe na mencionada galería-taller, matinando na idea que teñen os cativos, segundo a percepción dos adultos, do seu asombro, inocencia e bondade, cheo de candor, idealismo e esperanza. Admira aqueles tempos en que absorbemos o mundo cos ollos ben abertos como por osmose. Eis para ela, dende fai anos, unha teima, traballando co grafo ou rotulador, e collage, engadindo manchas de cor, forma de ver o mundo cun ar simple, seudo-Naïf,........
