Fondos de Afundación coa casa como centro
Lembramos telas visto en Ourense noutra expo de fondo alento, mais desta volta, Paloma Vela, a comisaria, reúne pinturas con algunha instalación escultórica, caso dos tres peones, 2000, de Carlos Rial (n.1969), baixo un concepto arredor da casa, a domus latina, de onde Doméstica, título que, a modo de paraugas, ábrese para tentar construír baixo del, e con elas, un silente diálogo plástico nos dous pisos das salas que ten Abanca para a súa división cultural Afundación. Esta, como é coñecido, fíxose arredor dos fondos artísticos herdados das distintas caixas de aforro galegas que converxeron desta entidade bancaria, engadindo algunha compra máis... El objeto contemporáneo é o subtítulo para esta mostra que abrangue un arco temporal dende 1934 a 2008, e que, malia non dispor de folleto de sala ou pdf -eiva notable nestes tempos-,........
