Consecuencias da difusión de contidos sensibles
Existen diferentes tipos de responsabilidades. En primeiro lugar, administrativa, sobre a responsabilidade en materia de protección de datos, a Agencia Española de Protección de Datos, AEPD, elaborou un interesante documento ao respecto, no que advirte de que, a difusión de datos especialmente sensibles dunha persoa física (en contidos tales como imaxes, audios ou vídeos de carácter sexual ou violento que permitan identificala), publicados en diferentes servizos de internet sen consentimento, se considera un tratamento ilícito de datos persoais. A referida AEPD, é competente para investigar este tipo de actuacións e incoar o correspondente procedemento sancionador, tanto contra quen obtivo ilicitamente os datos (imaxes, vídeos, audios etc...), contra........
