menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Os xemelguiños

13 0
05.04.2026

Non saber diferenciar a un neno doutro no colexio debía considerarse unha forma de bullying. Ademais das máis crueis. A min pasoume cos xemelgos Álvaro e Miguel e, cando por fin o conseguín, como oito anos despois, xa era demasiado tarde, porque cambiaron de colexio.

No meu caso, máis que bullying, foi preguiza. Debe haber poucas cousas menos interesantes para un neno de seis anos que saber diferenciar os xemelgos da clase. Xa custa bastante ser orixinal nunha soa vida, como para que enriba che toque nacer cun dobre. Hai que dicir que tamén ten algo de culpa un grave problema de visión que os meus pais non detectaron ata os nove anos, porque pensaban que lles tomaba o pelo. É o que ten ser pais dun fillo moi imaxinativo, ou moi mentireiro, dependendo do psicólogo ao que che manden. Iso permitiulles aforrarse durante algúns anos os cartos do oculista. Agora os tempos cambiaron,........

© La Región