María Teresa Cortón, a mestra que iluminou a memoria de Otero Pedrayo
Neste ano oteriano, no que se suceden as homenaxes ao Patriarca das Letras Galegas, non queremos esquecer a quen estivo ao seu carón ata o derradeiro día: María Teresa Cortón Álvarez, unha mestra rural caldelá cuxa vida e obra merecen tamén ser lembradas.
Nada en Castro Caldelas no ano 1911, filla dun farmacéutico, María Teresa Cortón Álvarez estudou Maxisterio e dedicou corenta anos da súa vida á docencia. Tivo a súa primeira escola en Montoedo, unha pequena aldea do municipio da Teixeira, e despois exerceu en moitas outras escolas do rural galego ata rematar a súa carreira nun colexio de Ourense.
Eu, que tiven a honra de coñecela, lembro as tardes de leria sentados á súa mesa, tomando un café, contemplando un enorme mapa de Fontán e, sobre todo, escoitando e aprendendo daquela muller sabia. A súa conversa era maxistral, como se seguise dando clase. Lembraba con cariño as súas alumnas e alumnos, e as xentes dos moitos lugares do rural onde impartiu docencia durante anos.
Unha visión profética sobre as escolas rurais
Xa hai medio século, María Teresa advertía contra as concentracións escolares. Dicía daquela:
“Estou en contra das concentracións escolares. Creo que ata os seis ou sete anos os nenos non deben moverse das súas........
