menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Raigame: algo máis que unha romaría

22 0
20.05.2026

Eu subín a Vilanova pra ver que acontecía e topei con tanta xente e vin tanta algarabía, que pensei que noutros tempos, noutro século vivía. Escoitei tocar a gaita e cantar os alalás; vin bailar a xente moza e lembrei moitos oficios que xa quedaron atrás. Vin xente moi ben vestida, cós traxes tradicionais, e sentinme moi contento despois dun forte xantar. Eu subín a Vilanova para estar na Romaría e topei unha Galicia que lembra o seu pasado, que aínda está viva. Eu subín a ergueita torre e volvín pra casa ledo, matinando no presente neste tempo tan incerto. Neste tempo que ameaza con borrar de onde vimos, o que fomos e o idioma que sentimos. Eu subín a Vilanova, estiven na Romaría e atopeime tan contento que aturuxei de alegría.

Fago este comentario despois do Día das Letras Galegas e axiña bulen na miña mente un fato de lembranzas que lévanme a ollar, como se foxe hoxe mesmo, imaxes de tempos pasados cando andaba polos trinta anos. E despois de decatarme de como pasan e pesan as primaveras vividas,........

© La Región