menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Músicas de calidade

16 0
25.03.2026

Nestes tempos que vivimos, no eido da música o que máis se escoita e a chamada comercial. O pouco espazo que ocupaba a clásica ou máis seria, esa que ten un obxectivo que vai máis alá da diversión, foise perdendo nunha sociedade que cada día, con máis tecnoloxía, a meu xuízo, ten menos sensibilidade para escoitar e valorar as obras que, por seren máis complexas ou plenamente descoñecidas, non se quedan nos oíntes nunha primeira audición. Chega con ollar e escoitar os medios audiovisuais, onde o comercial con moitos ritmos doutros lugares ou o “chunda chunda” gaña espazos co único obxectivo de divertir á masa.

E se nos achegamos ó eido local ourensán, a situación faise moi evidente. O decibelio exclusivamente festivo acapara todo sen que exista ningunha partida para cubrir as inquedanzas da xente que quere escoitar outras músicas e que traballa pola cultura en xeral, cubrindo espazos onde non chegan as institucións públicas. Por tal motivo sempre son de........

© La Región