Hai 50 anos e pico...
Cando chegan as datas sinaladas no calendario e os anos xa pesan, semella moi complexo fuxir dos recordos, polo que as imaxes volven á retina e as comparanzas fanse unha obriga. A vida dos humanos está sempre rexida polo calendario e os acontecementos que xorden día a día. Vivimos nunha sociedade que é viva e que non é estática nin inmutabel, polo que que falar de que calquera tempo pasado sempre pode entenderse que foi mellor co presente, pode levarnos ó engano, dado que non podemos vivir a contracorrente ou a destempo do presente. Sinalei que cada época ten as súas características e os seus problemas. Mais ollar as diferencias sen caer no tópico de volver a eses tempos, entendo que é cousa boa para comparar como se vivía coa realidade actual. Contar como era tal ou cal asunto pode facerlles ver os nosos descendentes, sobor de todo ós máis novos, cousas que eles descoñecen para que entendan e perciban a evolución que houbo dende os anos sinalados.
La Región lémbranos cada día moitos acontecementos que pasaron nesta cidade e provincia en datas que quedan atrás. Ben, pois eu quero........
