Esparta e Atenas
Parece unha comparación esaxerada. Mais penso que algo en común hai pois no fondo relacionase co que vou expor. Non hai moito tempo políticos españois louvaban a este inmenso país como unha democracia modelo, pois era madura e celosa dos seus principios e liberdades colectivas e individuais. Mesmo a presidenta madrileña catalógaa hoxe como o Faro da liberdade. Estoume a referir ós EE.UU. Mais a medida que pasan os días percibimos con moita claridade que non é o paraíso democrático que nos queren vender. Todos sabemos como naceu este imperio. Todos lembramos as películas do oeste onde os brancos eran os bos e os indios os salvaxes. Todos vimos como loita a loita se foron machacando as nacións indias por emigrantes, a maioría europeos, e dese xeito conquistaron as terras das nacións indias. Tamén lembramos a........
