A velocidade das nosas vidas
A triste nova da morte dun neno esquecido polo seu pai dentro dun coche fíxome matinar sobre o ritmo de vida que levamos, pois segundo din os medios informativos, o pai recibiu unha chamada da empresa onde traballaba e iso fixo que fora axiña ó seu traballo, esquecéndose de levar á gardería ó menor que estaba dentro do coche. Esta desgracia axudoume a pensar que estamos cada vez máis presos do reloxo e da velocidade, o que nos leva a cometer erros fatais como o relatado. Estamos atados a un ritmo de vida, a vivir nun continuo desasosego que non nos deixa reflexionar nin pensar se esta forma de existir é a mellor ou se, pola contra, baixando o ritmo desta carreira seríamos máis felices.
Facendo un chisco de memoria, recordo cando as campás da catedral desta Auria e a sirena da fundición do Malingre marcaban a vida horaria da cidade e dos arredores. Non direi que foron tempos mellores, pero si máis tranquilos. Aínda........
