menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

20 anos da Festa Cultural dos Foros

21 0
24.06.2026

Como pasan os anos! Vinte edicións van dende que Agromadas no 2006 comezou a celebrar a Festa da Eximición dos Foros. E como sempre, o pasado faise presente na memoria. Desta maneira afloran os recordos das historias que se contaban na casa onde hoxe vivo e que falaban do bisavó de miña nai e do preito que mantivera contra o Cabildo da Catedral e o bispo da cidade polo pago dos foros. “Cincocentos moios eran de bo viño do lugar pra manter ó señor bispo e o curia episcopal”. Así reza no “Romance de Seixalbo”, que se cantou por primeira vez naquel 2006 na praza do Cabildo desta localidade.

Era unha loita. Era un asunto que viña de lonxe e que retomou Fernando Freire Carril amparándose nas leis desamortizadoras de Mendizábal coa axuda do avogado liberal alaricano Bernardo Placeres Feijoo e que tivo o final feliz o 26 de xullo de 1859 coa resolución publicada na Gaceta de Madrid eliminando o pago dos foros á Catedral de Ourense e........

© La Región