Alonso Montero, sabio e xeneroso
Escoitei, quizá por última vez, a Xesús Alonso Montero, en Xinzo, a finais de 2024. Nun acto en memoria de Antón Tovar, o poeta, o home sensible e comprometido; figuras esenciais dun tempo ido e uns lugares transformados, varridos polo desleixo e a desmemoria. É difícil fixar se foi a última vez, dada a intensa presenza, a xenerosa disposición, de Alonso Montero en calquera recuncho do país, alí onde fose convidado, onde el quixese estar presente e dar testemuño. En verdade, coñecín antes a súa palabra falada que a escrita. En Compostela, en innumerables ocasións en Vigo e tamén en lugares máis inhabituais: en Tui ou en Urueña, na Vila do Libro, no outeiro almenado sobre o mar de cereal na Terra de........
