A verdade de cadaquén
A verdade é ou debe ser cousa de todos, como a xustiza que debe ser igual para todas as persoas que traballan, que folgan, discuten, dormen ou veranean, para as que viven dun lado ou do outro do mar, para as persoas desta terra ou de calquera parte da terra. Sen verdade non pode haber xustiza e con mofa, tampouco. A verdade, segundo o dicionario da Real Academia Galega, “é a característica do que é certo dun coñecemento , dunha información etc., conforme á realidade”. Pero cadaquén ten , xa que logo, a súa propia verdade.
E a xustiza? Se volvemos ao dicionario, xustiza “é respecto e........
