menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Javier Carballo; laudatio a un ourensán

22 0
20.05.2026

A laudatio que pronunciei o sábado en Parada de Sil co gallo da homenaxe ó catedrático ourensán -amigo, compañeiro e mestre-, Francisco Javier Carballo García, derivou para min en algo máis ca un simple exercicio de oratoria institucional. Confeso que, cando recibín a proposta, sentín unha emoción difícil de explicar; non só pola responsabilidade de poñer palabras ó recoñecemento a unha traxectoria brillante, tan sequera pola sentida amizade que me liga a Javier. Había algo máis íntimo e fondo, máis persoal: a conciencia de que aquel acto se desenvolvía nunha terra que tamén forma parte da miña historia.

Parada de Sil non é un lugar alleo ó meu mapa vital. A ligazón familiar coa aldea de Castro -ó pé da Cividade-, converte este territorio nun espazo do meu respecto, agarimo e devoción. Consonte a isto, mentres preparaba a intervención, entendín que aquela homenaxe non podía limitarse a unha fría enumeración de méritos académicos, premios ou cargos; por........

© La Región