menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Etnografía

7 0
latest

O Dicionario da Real Academia Galega define a etnografía como a ciencia que ten por obxecto o estudo e descrición dos grupos humanos así como dos seus caracteres antropolóxicos, culturais, sociais e feitos de civilización; o que se coñece popularmente como cultura material dos diversos pobos ou etnias.

A importancia da casa como elemento principal da cultura material dos pobos foi xustamente destacada de xeito especial polos etnógrafos de case todo o mundo; así a súa estreita relación co home, tanto como espazo natural no que se desenvolve a súa vida como expresión arquitectónica e útil sitúaa, de xeito preferente, no estudo á hora do seu desenvolvemento en relación coas diversas manifestacións culturais dunha determinada comunidade histórica como acontece coa casa rural galega.

Os muros das vellas construcións rurais están conformados por diversos elementos construtivos, así os muros formados por diversos elementos en cachotería de granito, perpiaño, cantería, croios ou pelouros rodados e máis frecuentemente coa mestura de........

© La Región