Revive Revve Anabaraego no fútbol ourensán?
Esta semana sorprendeume o adhesivo que apareceu pegado nunha fonte do parque de San Lázaro, no picho de beber xunto aos bambáns dos nenos. Está asinado por un grupo denominado “siareiros U.D. Ourense” e, con letras moi maiúsculas, reza o lema -se aínda segue no sitio- REVVE AURIA. Eu non son gran afeccionado ao fútbol, aínda que os que me coñecen saben que sinto especial debilidade polo equipo da cidade máis grande de Galicia, aquel que viste de branco e celeste -adiviñan?- e, segundo a tradición local, dende 1931 ten dereito exclusivo a lucir a cruz de Santiago no escudo por gañala nun campionato entre os equipos galegos. Non sei que haberá de certo niso. Quizais un día averiguarémolo. Pero volvendo sobre o asunto do dito adhesivo, algo me chamou a atención de forma poderosa no rechamante deseño a base de negro e vermello. Aparece a palabra Revve. De inmediato saltou a........
