menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

José Suárez e o “Día das Artes Galegas” en Allariz

14 0
28.03.2026

Antes de nada, permítanme unhas pinceladas históricas sobre a Real Academia Galega de Belas Artes, a RAGBA. Creada polo Real Decreto do 31 de outubro de 1849 co nome de Academia Provincial de Bellas Artes, dende o 12 de xullo de 1916, posúe o título Real. O 14 de abril de 1947 foi oficialmente autorizada para poñerse baixo a advocación da patroa da cidade da Coruña, a Virxe do Rosario, como entón era tradicional nas academias relacionadas coas artes. Debemos agardar a Orden Ministerial del 31 de enero de 1984 para o cambio de denominación pola de Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.

Pero centrémonos no Día das Artes Galegas, a conmemorar o 1 de abril. A RAGBA decidiu instituílo na asemblea plenaria do 31 de xaneiro de 2015. Máis que un día concreto, e unha serie de celebracións durante todo o ano ao redor da figura protagonista, ata o........

© La Región