Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: o solar Pompeo
Nas dúas colaboracións anteriores sobre as escavacións arqueolóxicas que están a delimitar a extensión e a cronoloxía do primeiro asentamento romano en Ourense, tratabamos a zona norte, coas intervencións da praza da Madalena e no Museo Arqueolóxico. Hoxe iremos na dirección sur, ao patio do IES Otero Pedrayo, tamén coñecido como solar Pompeo. O curioso nome débese a figura de Pompeyo Beltrán Camús, catedrático de Agricultura e director deste centro educativo entre os anos 1910 e 1913.
As escavacións neste enclave foron dirixidas por Celso Rodríguez Cao entre 1996 e 1998, como paso previo á construción do actual polideportivo. Para o tema que agora tratamos, o establecemento do núcleo romano primixenio que a arqueoloxía está a definir na cidade antiga de Ourense, o Pompeo foi esencial porque deu a coñecer un........
