Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: as Burgas (e III)
Volvemos sobre as Burgas para contarlles o esencial das últimas intervencións arqueolóxicas. Foi nas fincas situadas detrás das rúas de Cervantes, do Vilar e do Baño. En 2005, o Concello de Ourense iniciaba o proxecto de recuperación deste entorno termal coa construción do bulevar, o xardín en que se transformou esta zona esencial para Ourense. Dados os antecedentes arqueolóxicos e o entón recén declarado BIC das Burgas, programouse unha gran escavación. Despois das primeiras sondaxes dirixidas por R. Cristóbal en 2005 e Celso R. Cao en 2006, este último dirixiu a escavación en área de todo o sector a partir do ano 2008.
Os resultados, sumados aos que vimos en colaboracións anteriores, axudaron a valorar ente enclave e o papel que desempeñaron as fontes mineromedicinais no primeiro asentamento romano. A grandes trazas, os........
