menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

En débeda co Concello de Muíños

14 0
29.06.2026

O venres celebrouse no Concello de Muíños unha homenaxe especial. Moi especial para min. A institución, coa absoluta complicidade dos arqueólogos David Pérez e Celso Hugo Barba, decidiu celebrar unha homenaxe pola miña recente xubilación no Concello de Ourense. Vaia sorpresa máis emotiva! Quen mo ía dicir!

Quizais recordan a miña primeira dirección dun proxecto arqueolóxico alí, iniciado a finais de 1989, con máis de tres campañas anuais consecutivas. Fora financiado polo propio concello en convenio co Inem. Non imaxinaba que, no dicir de Rick no filme Casablanca, esta investigación ía ser “...o principio dunha fermosa amizade”. En Muíños, cataloguei xacementos arqueolóxicos do termo municipal, puiden escavar os monumentos megalíticos M1 e M5 de Outeiro de Cavaladre, no val de Salas, e os xacementos da Idade do Cobre de Crasto do........

© La Región