menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Os que levamos o cadaleito de don Ramón medio século atrás

31 0
14.04.2026

Para nós foi unha honra, un privilexio, naquela data de abril de 1976 levar o seu cadaleito. Cada vez que atopo aquelas fotos daquel día, un se sinte especialmente orgulloso, e mesmo agradecido polo simbólico privilexio que un agarda ter merecido naquela lonxana data do seu pasamento. Os xornalistas de Galicia fixemos o último turno da condución do noso petrucio querido antes de que o tomaran os membros presentes da Real Academia Galega. Como xa teño contado, o traslado de Otero Pedrayo fíxose por turnos organizados polo profesor Ogando, dende a súa casa da rúa da Paz até a catedral. Nos turnos sucesivos interviron veciños de Trasalba, amigos varios e representacións de institucións coas que don Ramón tivera relación. Foi un traslado lento, pautado, paseniño, harmonioso, no que estaba representada a Galicia toda.

Se ollan detidamente a foto verán a cantos persoeiros notables daquel tempo aparecen na instantánea. Desde o doutor Conde Corbal ao que fora presidente da Xunta, o doutor........

© La Región