menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Un mandato cívico sen acuse de recibo

16 0
26.02.2026

A enquisa de GAD3 publicada esta semana polo xornal La Región é o mellor instrumento de diagnóstico ao dispor sobre o estado político de Ourense, aínda que convén matizalo antes de extraer conclusións. O traballo de campo realizouse en apenas tres días, do 10 ao 12 de febreiro, en ausencia de candidatos confirmados por algunhas formacións -o que destorce a intención de voto- e nunha cidade onde o pronunciado voto dual entre comicios municipais, autonómicos e xerais induce unha elevada volatilidade que ningún modelo demoscópico resolve. Con todo, non temos nada mellor. O que a enquisa ofrece vai máis alá das proxeccións de escano: é un retrato de angustias, percepcións e expectativas cidadás que, ben interpretado, vale moito máis que unha sinxela estimación electoral a quince meses vista.

Para aproveitalo, hai que saber a quen se fala. Jennifer Lees-Marshment, indiscutida referencia do marketing político, demostrou que os partidos que constrúen a súa oferta desde o que quere o electorado obteñen vantaxe estrutural sobre quen parten das súas inercias. É o equivalente político do buyer persona, coñecer ao comprador antes de deseñar o produto. En Ourense, ese cliente é máis heteroxéneo do que a política local asume. As mulleres denuncian o estado........

© La Región