O que arde e o alcalde ignora
O 30 de maio ardeu por completo un edificio histórico da Ponte. O propietario do inmoble presentara denuncia hai un ano sen obter resposta. A asociación de veciños do barrio levaba meses avisando ao Concello. Comerciantes da entorna afirman que “era a crónica dunha morte anunciada”. A única reacción municipal foi un post do alcalde en Facebook atribuíndo o sinistro á “actividade okupa”. Porén, o movemento okupa ten historia, formas e obxectivos propios: como acción colectiva, con asembleas, lóxicas de autoxestión, centros sociais abertos á veciñanza e fórmulas organizativas cooperativas á marxe do mercado inmobiliario. Quen habitaba o número 1 de Vicente Risco atopábase en situación de exclusión social extrema, con adiccións, sen outro lugar ao que ir. Alén de inmoral, chamalos “okupas” é un acto cunha significación fondamente política.
Cada vez que algo falla na nosa urbe sempre hai un culpable externo, ben a Xunta ou o Estado. A propia inacción do rexedor -cargada de vitimización- devén denuncia contra terceiros. Neste caso concreto, axústase o medo para activar o marco da inseguridade. Cando ardeu a Casa de Baños, tamén usada como refuxio por persoas sen fogar, Pérez Jácome lanzou a mesma mensaxe e apuntou contra a lei española en vigor. Dous incendios, dous posts, ningún protocolo de intervención. A........
