menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Dato xa non mata relato

22 0
14.05.2026

Gonzalo Pérez Jácome leva desde 2019 á fronte do Concello de Ourense cun salario público en réxime de dedicación exclusiva. Quen ocupa un cargo coma este non pode compatibilizalo con actividades privadas agás autorización expresa do pleno municipal. A Fiscalía documenta que o rexedor obtivo durante eses anos 162.000 euros brutos anuais en negocios propios, cantidade superior ao dobre da contraprestación no Concello. Máis dun millón de euros ingresou nunha única conta persoal entre o inicio do seu mandato e 2024, segundo o organismo estatal de prevención do branqueo de capitais. Consta no sumario que Jácome sabía que lle denegarían a autorización se a solicitaba: por iso presentou e retirou a solicitude minutos antes dun pleno en agosto de 2019, pouco despois de ser investido.

A compatibilidade entre cargo público e actividade privada non se lle demanda nin á Fiscalía nin a medios de comunicación. Hai que solicitala diante da corporación municipal, que é o órgano con atribucións para concedela ou denegala. Os posts de Facebook do alcalde nos días seguintes á imputación non abordan este punto en ningún momento. Cita a Shakespeare para equiparar a causa a “ruído político”. Cuestiona a independencia do Ministerio Público, posto de libre designación que cambia con cada relevo na Moncloa.........

© La Región