menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Ceuta: como se constrúe unha ameaza

18 0
13.08.2026

A crise de Ceuta é un feito de extraordinaria gravidade e complexidade. A chegada masiva de persoas, a súa mobilización a través das redes sociais, a situación socioeconómica do norte de África e a situación de privación relativa -percepción dunha distancia crecente entre expectativas e oportunidades reais- forman parte dun fenómeno que non admite explicacións unívocas. Tamén cómpre considerar a política marroquí de control dos fluxos, a súa realidade interior, intereses diplomáticos e económicos e a súa condición de socio indispensable de España e da Unión Europea, xunto coa xestión española, que combina control fronteirizo, cooperación policial, devolucións e negociación diplomática. A Ciencia Política leva décadas estudando como os problemas públicos son construídos e interpretados. Por iso, ademais de preguntarnos que aconteceu, convén observar como se nos explica o acontecido.

Unha columna publicada esta mesma semana en La Región, dun autor pouco sospeitoso de neutralidade política, ofrece un exemplo nítido desa operación. Ao referirse a Ceuta, cualifica a crise de “salvaje” e afirma que afecta á “integridad nacional”, antes de incorporala a unha enumeración de agravios atribuídos ao Goberno de Pedro Sánchez. Un acontecemento fronteirizo complexo devén evidencia dunha suposta degradación política interna. Non é necesario negar que poida existir responsabilidade marroquí nin........

© La Región