Un incendio ás portas da primavera
A finais de marzo de 1959 eu aínda andaba a mallar na ventre da miña nai, procurando a postura axeitada para, unha ducia de días máis tarde, saír polo seu útero, que alguén me cortase o cordón umbilical e comezar a berrar coma se se acabara o mundo. A finais de marzo dese ano, dou por feito que as mañás aínda eran frescas, pero que pouco a pouco a primavera, coas súas raiolas de sol, lle ía facendo a cama ó mes de abril.
A pesar de que me faltaban aínda eses días........
