A vida é como a billarda
Misericordia para os que pensan que a vida é un cantar nos beizos e un ramo de rosas na man. A vida en “Forrest Gump” era como unha caixa de bombóns. Na Galicia profunda, porén, é máis ben un fouciño dálle que dálle e un sacho ou arado abrindo as entrañas, as asaduras, a terra. A vida é como a billarda: a base de golpes de palán, vai.
Piedade para os que cren que a vida pode ser marabillosa se non se lle ten medo.........
