A caravana da gratitude
Seguro que ningún veciño de Baños de Molgas sabería quen era Ramón González, un señor cun enorme bigote cuxas puntas se erguían cara arriba e que, no mes de xullo de 1921, estaba a tomar as augas na vila molguesa. Mais o que si lles chamaría a atención sería a comitiva de automóbiles (en 1921!) que entraba pola rúa do Progreso -ou pola carreira, como se dicía daquela; ninguén lle chamaría aínda estrada- e que se detiña, entre gran rebumbio e algarada, diante das portas do balneario. Que estaba a acontecer?
O que acontecía era que unha nutrida representación dos habitantes do Porriño chegaba a Baños de Molgas coa intención de agradecerlle a........
