Uns e outros, coma sempre
Ás veces dou en imaxinar o país no que vivo como o territorio humano dunha Compaña que recorre o camiño da historia a marchas forzadas. Nela, nesa Compaña e de xeito alternativo, as ánimas do Purgatorio saen dar unha voltiña encabezadas, unhas veces, por un que é de dereitas e arrastra a pesada cruz que lle legou a historia e, noutras, quen carga coa pesada cruz, que tamén lle legou a historia, é un de esquerdas. Ben por fas, ben por nefas, unhas veces por uns e outras veces por outros, a casa segue sen varrer; é dicir, que como do que se trata é dun territorio común, ben dunha silveira maléfica e chea de bichos, ben unha inmensa pradeira chea de paxariños asubiadores deses que da xenio oílos, pasa o que pasa. Se do que se trata é de identificar uns e outros con esquerdas e dereitas déixolle que o decida o lector segundo as súas persoais opcións llo indiquen.
Sospeito que tal e maléfico comenzo desta tririta de hoxe se deba a que somos reféns da nosa historia dun xeito que se diría inevitable. Se o........
