As miñas lecturas de hoxe en día
Estou, xa hai algún tempo, nesa idade cotrosa (tamén algo obtusa) na que un se repite, e se repite, e volta a se repetir de novo, dicindo sempre o mesmo, sen maior remordemento; mesmo se diría que desfrutando con tan só ollar a cara de pan que se lle pon ó seu interlocutor de quenda. Pasa o mesmo coa escrita, mágoa non poder contemplar a cara do seu atribulado e circunstancial lector.
Hoxe toca non repetirse, sequera sexa por unha vez e de vez en cando, así que estou disposto a lles falar da visita do bispo de Roma, esoutra sede apostólica que, dende o noso Xelmírez, compite con Compostela e de aí que, pra resolver algo, estea regulamentado remover unha coa outra. O problema é que non seguín a visita pola televisión e non pasei dos titulares dos xornais. Penso se o meu aparente desafecto non será, máis ben, cousa debida á convicción de que non me queda moito tempo por diante pra ler e, dado que é ocupación grata desde que aprendín a facelo, me aplico nela todo canto podo e algo máis.
Andaba a reler a Chateaubriand, a modo de sinxelo homenaxe á memoria de Otero........
