menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Abracadabra

6 0
latest

Tiven un parente que foi dono dunha grande facilidade prá aprendizaxe de idiomas. Aprendeu alemán pra poder ler a Kant e, por se non fora pouco aprender, quixo ler a Buda e acabou léndoo en sánscrito. Grazas a el puiden escribir a novela do Sacauntos, do mal chamado Home Lobo de Allariz, porque Romasanta ser foi de Regueiro, unha aldeiña de Esgos. Fixen a novela seguindo o sumario do xuízo -que si se celebrou en Allariz-, grazas a que este meu parente, xente da xudicatura, mo facilitou. Sempre tes que ter de man un parente ou un amigo dispostos a botarche unha man. Todo ó longo da miña vida dispuxen desa man amiga, da que non todos os escritores dispoñen, pero tamén da outra e, coido eu, senón necesaria inevitable.

Necesidade inevitable é a lectura. Postos a ela, se a curiosidade che asiste, non has poñer reparo ós autores mouros e cristiáns, xudeus ou nazis, ou deste lado e máis doutro. Non sempre é fácil. Un bo amigo resumiuno na afirmación de que hai que comer de todo, probar tódolos viños, tódolos peixes do mar e saborear tódalas froitas. Esta tririta comezou........

© La Región