Un ourensán en Ormuz
A verdade é que o da guerra de moda estes días causou a miña sorpresa por un par de cousas. Non porque me estrañase que Israel se revolvese de forma implacable contra a dirixencia dun país grande e poderoso que teima en falar sempre que pode da eliminación de Israel da face da terra e que ansiaba ter a bomba nuclear para borrar, de inmediato, ao país da vella Golda Meir. E que os israelís -e iso aprendino alí, entre eles- saben que cando alguén fala de eliminalos, hai que tomalos en serio. A maioría creron que esaxeraban con Hitler os que emigraran a EEUU a inicios dos trinta, como Einstein, ata que enfornou aos seis millóns aos que lle puido botar man. E as frases de Alí Jamenei sobre eles desacougábanos: “Cáncro malingo, tumor mortal que debe ser extirpado e erradicado”. “A destrución de Israel non é un soño, é unha certeza matemática e está cada día máis preto”. “Se decidimos ter armas nucleares, non hai poder no mundo que nos poida parar”. “Armamos a calquera grupo que loite contra........
