menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O Castro Caldelas e o Ríos, sempre

13 0
11.04.2026

As autoridades académicas fixeron unha serie de axustes no nomenclátor. E como temos máis de trinta mil núcleos de poboación e 313 concellos, pois no momento inicial da autonomía empezaron, lóxicamente, pola barbaridades máis evidentes (tipo Ginzo, Barbadanes o Viana del Bollo) e quedaron para máis adiante algunhas ás que cumpría darlle unha volta. E tamén é lóxico que asentado como está arestora, se pase de novo o tema pola peneira, cunha trama máis fina -e se axuste ou cumpra axustar. Estou, por supostísimo, sempre a favor da ciencia; e como é obvio, esas autoridades académicas (Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, RAG, Universidades etc.) representan o nivel científico. Cando a Academia di que “boi” se escribe con be e “vaca” con uve, non é preciso que saibamos latín e etimoloxía senón que deixemos as cousas nas mans dos que saben. E cos topónimos, outro tal, sobre todo despois de teren pasado polo proceso de deturpación histórico coñecido. Pero tamén creo que........

© La Región