Superarmos a tortícole ollando ao Atlántico
Galicia e, moi nomeadamente, o seu Goberno padece, dende hai moito tempo, unha doenza crónica que a medicina política non dá curado: unha tortícole persistente por mirar obsesivamente cara ao centro da península ibérica. Esa fixación con Madrid non só nos conxela o pescozo, senón que nos nubra a vista. Mentres o Estado se consome nas súas propias liortas de palacio e nun centralismo radial que nos asfixia, Galicia segue a esquecer que a súa verdadeira potencia non reside en ser a periferia de Madrid, senón en ser un dos nodos neurálxicos do Arco Atlántico.
Para Galicia, o Estado español converteuse nun marco de xestión administrativa, pero cada vez menos nun proxecto de futuro ilusionante. A dependencia emocional e económica de Madrid é unha cadea que limita a nosa proxección. É hora de suprimirmos esa tortícole. Non podemos seguir definindo o noso ser en función da capital do Estado. A nación galega ten que entender que a súa sostibilidade depende dunha estratexia de desconexión mental con ese centro que nos ignora, porque representamos só algo máis dun 5% en PIB e poboación estatais e porque os nosos alicerces económicos son prescindíbeis na óptica do Estado. Cómpre ollarmos........
