Seguranza galega coa nosa Policía
A seguranza pública en Galicia atópase nunha encrucillada histórica, aferrollada nun modelo caduco que estrangula as potencialidades do noso país. Mentres a cidadanía esixe solucións próximas e eficaces, o centralismo político de PP e PSOE, coligado con certo inmobilismo do sindicalismo policial de nova creación, insiste en manter un deseño policial que prexudica tanto aos profesionais como aos cidadáns. É hora de racharmos este bloqueo institucional e esixir, sen complexos nin demoras, unha policía galega integral.
O Estatuto de Autonomía de Galicia recolle dende hai décadas a competencia para crear un corpo propio. Porén, o PP e o PSOE estatais operan en Madrid cunha dobre moral dificilmente aturábel: mentres en Santiago finxiron ás veces apoiar o autogoberno para non se desgastar diante do electorado galego, no Congreso frean sistematicamente calquera transferencia estratéxica, como a de Tráfico (2010). Esta submisión á estratexia centralista responde........
