menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O boicot da Xunta ás políticas municipais

18 0
yesterday

O dereito á vivenda converteuse na principal fenda de desigualdade social e no maior desafío económico para as nosas cidades. Diante deste problema estrutural, a xestión do goberno autonómico do PPdeG amosa un espectáculo lamentábel de inacción, obstrución burocrática e avidez orzamentaria. A traxectoria da Xunta de Galicia a respecto da declaración de Zonas de Mercado Residencial Tensionado (ZMRT) en Santiago de Compostela e A Coruña revela unha estratexia deliberada de boicot político cara ás competencias locais, pola sinxela razón de non controlar os populares cadansúas alcaldías e gobernos locais.

Para non asumir as súas responsabilidades estatutarias, o Executivo galego escudouse na letra pequena e delegou todo o traballo técnico nos Concellos. Foron as administracións municipais compostelá e coruñesa as que, sen axuda autonómica, asumiron a complexa elaboración da documentación xustificativa e a redacción dos plans de medidas correctoras. En agosto de 2025, a Xunta deu por desistida a primeira solicitude de Compostela. Alegaba unha........

© La Opinión A Coruña