menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Memoria democrática e reparación económica

20 0
17.08.2026

Galicia enfronta este verán unha das súas efemérides máis dolorosas. Este luns, 17-A, foron aló noventa anos do asasinato de Alexandre Bóveda na Caeira pontevedresa, data instaurada como o Día da Galiza Mártir para lembrar cantas persoas foron sacrificadas pola barbarie fascista no 1936. Xunto ao motor do Partido Galeguista, o rodete da represión esnaquizou nese fatídico verán a toda unha xeración que concibía unha Galicia moderna e dona do seu destino: o alcalde compostelán Ánxel Casal, o intelectual e artista Camilo Díaz Baliño, o futbolista do Dépor Bebel García, o líder obreiro sadense Xoán Antón Suárez Picallo ou o deputado e empresario Pepe Miñones, entre tantas outras mulleres e homes.

Cómpre restaurarmos a verdade histórica diante da cidadanía galega ao abeiro dunha premisa indubidábel: en Galicia nunca houbo guerra civil nin crime republicano ningún. O que aquí se executou dende o 20 de xullo de 1936 foi unha limpeza política sistematicamente planificada e unidireccional por parte dos militares sublevados e elementos falanxistas e de extrema dereita. Non existiron dous bandos combatentes enfrontados; existiu un........

© La Opinión A Coruña