Barreiro Rivas ou a dimisión intelectual fronte ao proceso de substitución
A tese que vén de soster hai poucos días Xosé Luís Barreiro Rivas (a medio da publicación dun seu artigo no xornal galego no que adoita escribir), postulando a inanidade ou mesmo o carácter contraproducente da política lingüística baixo o pretexto dunha suposta «libre elección» individual e o carácter efímero das linguas, supón unha proposta que, alén do seu falso verniz de pragmatismo liberal, agocha unha perigosa renuncia, non só ao autogoberno, senón aos dereitos fundamentais da cidadanía galega. A tese de Barreiro Rivas fornece dunha formulación teórica para xustificar a desprotección dun patrimonio colectivo e a vulneración de dereitos baixo unha falsa premisa de igualdade.
No plano xurídico, a tese de Barreiro Rivas choca frontalmente coa asimetría constitucional que define o Estado español. O artigo 3 da Constitución oficializou o «deber» de coñecer o castelán e só un «dereito» a coñecer o galego. Velaí a Sentenza do Tribunal Constitucional 84/1986 que declarou inconstitucional o deber de coñecer o galego, acordada pola unanimidade do Parlamento de Galicia na Lei 1/1983, de........
