menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Absolución penal compatíbel coa gravísima responsabilidade política

19 0
27.01.2026

A sección compostelá da Audiencia vén de revogar parcialmente a sentenza do Xulgado do Penal nº 2 da mesma cidade no que atinxe á condena de Andrés Cortabitarte, director de Circulación de Adif por 79 delitos de homicidio e 143 de lesións causados por imprudencia grave profesional. Porén, mantén a condena do maquinista do Alvia, Francisco J. Garzón, polos mesmos delitos, á pena de 2,5 anos de cárcere e 4,5 anos de inhabilitación profesional e mellora as indemnizacións ás vítimas ao xeralizar a recarga do 50% polo dano moral extraordinario sobre as indemnizacións de base determinadas consonte ao baremo para os accidentes de tráfico, aplicado analoxicamente.

A sentenza decidiuse por maioría: dúas maxistradas votaron a prol e unha terceira (Marta Canales) en contra. Xa que logo, esta maxistrada formulou un voto particular discrepante aliñado co axuizamento que fixera a titular do Xulgado do Penal 2 compostelán, Elena Fdz. Currás, a respecto da condena de Cortabitarte na sentenza de instancia.

A maxistrada de instancia e a maxistrada discrepante valoraron dun xeito singular o informe emitido pola Axencia Ferroviaria Europea (ERA) no 2016 (posíbel só pola teimosía da eurodeputada do BNG Ana Miranda e que determinara que unha outra composición persoal do........

© La Opinión A Coruña