A ciencia na mira do extremismo autoritario
A ciencia e a Academia enfrontan hoxendía un asedio paradoxal. Se tradicionalmente o ataque viña do integrismo relixioso, hoxe o desafío é político. Nomeadamente o dunha extrema dereita que ve na ciencia unha conspiración elitista, mais sen nos esquecer tampouco de certa esquerda populista que a percibe só como un brazo do poder hexemónico.
Para o extremismo de dereita, a crítica á ciencia non é só epistemolóxica, é cultural. Identifican á Academia como o cuartel xeral do globalismo e da «corrección política». O perigo reside na deslexitimación das institucións: se os datos sobre o cambio climático ou a saúde pública non encaixan na súa axenda, a estratexia é sementar a dúbida metódica. A súa fortaleza radica en conectar con sectores que se sentendesprezados pola elite intelectual, ofrecendo unha alternativa onde unha suposta «intuición do pobo» vale tanto como un estudo de pares.
Dende certos sectores da esquerda populista e postmoderna, a crítica é distinta. Aquí, a ciencia é vista sospeitosa de ser eurocéntrica, patriarcal ou estar ao servizo do........
