menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A extinción de persoas e máquinas (I)

5 0
yesterday

Uns alieníxenas chegaron á Terra no ano 2369. O planeta estaba poboado por unha incrible diversidade de seres vivos. Case tres séculos sen seres humanos no planeta permitiran que todo tipo de animais e plantas proliferasen cunha fecundidade inusitada. Os visitantes descoñecían estas formas de vida, pero non lles resultaban tan estrañas como para escaparen ao seu entendemento, aínda que amosaban a lóxica curiosidade por todo aquilo que se ve por primeira vez.

A pegada humana seguía moi presente no planeta. Ademais, case todo estaba almacenado dixitalmente, polo que os extraterrestres axiña puideron comprender as últimas linguas vivas e reconstruír os momentos finais do ser humano.

Coñeceron así que, xa avanzado o século XXI, un feixe de empresas tecnolóxicas lideraban a intelixencia artificial no planeta. As máquinas superaban claramente ás persoas na maior parte das tarefas físicas e cognitivas. A medida........

© La Opinión A Coruña